Data 30-07-2025
Mércores 30 de xullo, ás 20.30 horas, na Praza Verde de Perlío_Peter Punk Pallaso, “La Chungatrona)
Neste espectáculo Peter Punk crea un conxunto de rutinas que confirma a súa intención de converterse nunha referencia do novo circo galego como pallaso. Neste espectáculo veremos unha aloucada entrada en escena coa Testarrosa, o miniciclo de Peter Punk. A máxica desaparición dun globo no seu bandullo, a destreza dunha voluntaria con tres aros e un vaciador de ideas. E como colofón, un final único no mundo: A CHUNGATRONA!! Un aparello pensado por un pallaso, que manterá ao público en tensión ata que... algún incauto resulte totalmente mollado e coa cara cuberta de tarta. Todo isto para desatar a risa, a diversión e a loucura do público: nenas, nenos e maiores. Espectáculo para tódolos públicos. Entrada libre e de balde
