Xuntanza de Palilleiras

A xornada desenvolverase en horario de 10.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, e como en edicións anteriores converterase nun espazo de encontro, intercambio e convivencia arredor das técnicas téxtiles tradicionais e contemporáneas. Ao longo do día daranse cita persoas afeccionadas ao encaixe de palillos, bordado, calceta, patchwork e a outros moitos traballos artesanais, nun ambiente participativo e aberto.

O prazo de inscrición permanecerá aberto até o 10 de abril, e as persoas interesadas poden obter máis información ou formalizar a súa participación chamando ao 981 492 767.