50 anos coidando a terra

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) convoca os medios de comunicación ao acto de inauguración da exposición exterior "50 anos coidando a terra" en Fene, en conmemoración do 50 aniversario da asociación ecoloxista máis lonxeva e senlleira do país.

O acto de inauguración terá lugar mañá, venres, 18 de setembro, ás 12:00 horas na Praza do alcalde Ramón José Souto González. Estará conducido por Antón Muñiz, membro da directiva da delegación de ADEGA en Ferrolterra, e intervirá a alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, e a concelleira de Medio Ambiente, Cristina García. Tamén están convidados colectivos sociais da contorna.

Tras o acto institucional, ADEGA realizará unha visita guiada á mostra conmemorativa. Os 16 paneis que a conforman estarán expostos nesta localización ata o día 29 de setembro.