Data de inicio: 23-08-2017 . Data de fin: 24-08-2017
- Data: 23 e 24 de agosto
- Horario: de 09:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas
- Lugar: diante da Casa do Concello de Fene.
Cada día, nos hospitais galegos, centos de enfermos precisan da túa solidariedade para recuperar a saúde ou salvar a vida. Doar sangue é vital para atender aos doentes que se teñen que operar, que padecen cancro ou leucemia, que sufriron accidentes de tráfico ou para os transplantes de órganos.
Súmate se tes entre 18 e 65 anos e pesas mais de 50kg. Persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón e utilizará material estéril e dun só uso.
Non esquezas traer o teu DNI e non acudas sen almorzar e despois do xantar espera 2 horas. Informa ao médico se estás a tomar algún medicamento.