Homenaxe ao alcalde republicano Ramón Souto González

O consistorio renderalle homenaxe co descubrimento dunha placa este mércores 16 de agosto -20.30h , día no que se fai o 81º aniversario do seu asasinato a mans das forzas franquistas.

  • Data: Mércores, 16 de agosto
  • Hora: 20.30 h
  • Lugar:  praza do Concello

Ademais de descubrir a placa conmemorativa, o Concello tamén honrará a Souto González convocando o 1º Concurso de artigos xornalísticos co nome do alcalde represaliado. O certame pretende "promover a reflexión" sobre temas relativos á historia do municipio, do resto da comarca e de Galicia ao longo do século XX.