Espectáculo "Dous no Camiño"

Espectáculo humorístico "Dous no Camiño" patrocinado por Turismo de Galicia e representado por Fran Rei e Isabel Risco.

  • Data: luns, 28 de agosto
  • Horario: ás 20.00 horas
  • Lugar: Praza do Alcalde Ramón Souto González

Dous peregrinos atópanse facendo o camiño a Compostela e, a partir dese encontro e dos pasos que van dando, empezan a descubrir un itinerario cheo de historias e lendas contadas con moito humor. Iso é o máis que se pode resumir "Dous no Camiño", o espectáculo "mistico-circense" interpretado por Fran Rei e Isabel Risco.