Ana María Agulló na Casa da Cutura de Fene

Horario de visita: luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas

Lugar: Casa da Cultura de Fene

A artista eumesa Ana María Agulló amosa a súa obra até o vindeiro 29 de setembro na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene. A mostra inclúe unha colección de óleos entre os que se inclúen mariñas, bodegóns e retratos.