Recepción municipal aos mellores deportistas dos clubs feneses

A Concellería de Deportes de Fene organiza unha recepción aos deportistas das escolas e clubs feneses que acadaron podio en competicións oficiais durante a tempada 2016/2017.  Tamén se recoñecerá aos deportistas feneses que, aínda pertencendo a outros clubs da bisbarra,  acadaron podio en competicións oficiais a título individual. O acto terá lugar no Círculo de Perlío este venres ás 19.30 horas.