A historia do Apalpador

O luns 18 visitará o CPI A Xunqueira, o CEIP Centieiras e o CPR Jorge Juan, e o martes 19 pasará polo CEI Sillobre, polo CEIP Os Casais e polo CEIP O Ramo. En “A historia do Apalpador”, o actor e contacontos Pedro Brandariz explicará aos escolares de Fene como é o día a día do Apalpador. Contaralles que vive no Courel e que, en vísperas do Nadal “apalpa” as barriguiñas dos pícariños/as, deixándolles unha presiña de castañas e algún retrinco de madeira. Ademais, falará da plácida vida que leva este singular personaxe no bosque e, sobre todo, animará ás cativas e cativos coas peticións dos agasallos, para que pidan libros en galego. O Apalpador irá acompañado de Xía, a trasna do monte, que cantará cos/as pequenos/as a “Cantiga do Apalpador”.