Data 05-01-2018
Os Reis Magos de Oriente en Fene
Melchor, Gaspar e Baltasar sairán ás 18.00 horas de Perlío (fronte Aguilar) para percorrer Avenida Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avenida de Naturais. Concluirán o seu percorrido na praza do alcalde Ramón Souto González, onde o alcalde de Fene, Juventino Trigo, dará a benvida aos Reis Magos e onde, a continuación, terá lugar unha festa infantil na Praza do Concello (baixo carpa).