Data de inicio: 14-12-2017 . Data de fin: 26-01-2018
Exposición fotográfica do ferrolán Rober Amado na Casa da Cultura de Fene que poderá visitarse até o 26 de xaneiro.
Rober Amado visitou os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego nos 11 anos de cooperación coa “Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde”. Na viaxe estivo en 6 das 10 illas que compoñen o arquipélago do oeste africano e trouxo canda si unha chea de fotografías sobre a vida diaria daquelas persoas que se viron beneficiadas pola axuda municipal canalizada a través da entidade.
Parte desas imaxes son as que se expoñen na Casa da Cultura, acompañadas de información sobre as accións de cooperación do Fondo Galego en Cabo Verde. Son unha vintena de paneis gráficos e documentos cos que se busca achegar información sobre o labor do Fondo e, ao mesmo tempo, facilitar o coñecemento deste país do ámbito da lusofonía no que a entidade ten desenvolvido varios proxectos.