Data de inicio: 21-12-2017 . Data de fin: 28-02-2018
A través desta exposición. os/as visitantes poden facer un seguemento da traxectoria do artista, dende as súas primeiras obras até as últimas creacións como a colección “Estudo e desenvolvemento dun tubo”.
Tamén salientan obras como os planos da fonte de Castelao, construída polo ceramista fenés no Museo Carlos Maside de Sada, ou o Monumento ao Paiaso, instalado no Parque Castelao de Fene; o Nadal Galego; as figuras de María Soliña, Pepa a Loba e O Maio; o grupo de árbores “O bosque de Merlín”, os cadros cerámicos de San Martiño Pinario e San Ero de Armenteira, etc.
A exposición permanecerá aberta ao público na Casa da Cultura de Fene do 21 de decembro de 2017 ao 28 de febreiro de 2018 en horario: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.
Durante o Nadal (do 22 de decembro ao 7 de xaneiro) o horario será: de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas. Ademais, o venres 22 de decembro, o mércores 27 e o venres 29 de decembro tamén se abrirá en horario de tarde, de 17 a 21 horas.