Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o vindeiro 01.03.2018 ás 18.00 h. en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:


1. Aprobación, se procede, das actas do 26.10.2017, do 02.11.2017, do 07.12.2017 e do 19.12.2017
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende o núm. 85/2018 ao núm. 222/2018
3. Dación de conta do informe de intervención sobre as abrigas de subministro de información previstas no artigo
16 da Orde HAP/2015/2012, do 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información
previstas na Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira,
correspondente ao 4º trimestre do 2017
4. Dación de conta do período medio de pagamento global aos provedores e do informe sobre o cumprimento das
previsións das medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, correspondente ao 4º trimestre
de 2017
5. Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de nomeamento dun representante municipal na Xunta pro
Devolución do Pazo de Meirás
6. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, do Manifesto do 8 de marzo
de 2018, Día Internacional da muller 2018
7. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Moción do grupo
municipal do PP en relación ao 8 de marzo, Día Internacional da Muller
8. Mocións urxentes
9. Rogos e preguntas