Data de inicio: 06-03-2018 . Data de fin: 02-04-2018
Cando: do 6 de marzo ao 2 de abril
Onde: Casa da Cultura de Fene
Horario: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e sábados, de 10.00 a 13.00 horas.
“A mar a mares” é un título que garda dentro de si múltiples significados. O primeiro é o da referencia ao contido da exposición, o segundo é o suxerido polo xogo de palabras co verbo amar co significado de querencia polo mar, pola costa e tamén pola fotografía que expresan os autores e autoras. Todas e todos pertencen á sección fotográfica do Grupo Bazán, que leva máis de dúas décadas formando e promocionando a creatividade de ducias de persoas con afección por esta arte”.