Periodo Voluntario IVTM 2018

Normas de cobranza en período voluntario dos tributos e prezos públicos municipais. Campaña do primeiro semestre do exercicio 2018

Deputación Provincial da Coruña. Tesourería e Xestión de Tributos. Servizo Central de Recadación

O prazo de ingreso voluntario será do 12 de marzo ao 16 de maio, ambos inclusive.

O ingreso poderá realizarse na caixa de calquera das entidades colaboradoras, ou tamén en caixeiro automático ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos).

Os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados en entidades financeiras enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte.

Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos documentos de ingreso no domicilio do contribuínte non exime a este da súa obriga de pago.
Se algún contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa poderá solicitalo a calquera das oficinas de información tributaria que se relacionan no Anexo 2. Dende o día 10 de maio inclusive non se
enviarán novos documentos de ingreso por correo postal

 

Ligazóns