Data de inicio: 24-05-2018 . Data de fin: 09-06-2018
Os xoves (de 20 a 22 h), venres (de 20 a 22 h) e sábados (de 13 a 15 h e de 20 a 22 h) até o 9 de xuño.
Establecementos participantes:
Tapa tradicional: AVV de Magalofes coa súa tortilla de pescada e gambas; D´Antón Café, coa tapa Sofía; o Café-Bar El Camarote cos seus Ovos á escocesa; Jesy Bar e as súas Breadas; Bar O Centro, coas súas Patacas Maripuri; Cantina O Pote coa Torti pizza; O Son de Cociña co 25 Cociña; Os Remos coa súa Mariñeira aos Remos; Cafetería Bombay cunha Carne con ameixas, e Vichelocrego, que presenta unha tapa con zorza, cachelos e queixo San Simón.
Tapa creativa: Café-Bar A Ponte e a súa tapa A Dorna; Bicos Gastrobar cos seus Tigres de Batea “A nosa maneira”; Café-Bar Friends coa Croqueta deluxe; Cafetería Lembranza co seu Noodles; O Arrecendo coa Sorpresa Arrecendo; O Encontro de Leo´s co seu cus cús al frutti di mare; O Pazo coa tapa O enredo de Brais; Pachamama coa tosta de brandada e tomatiños asados con almíbar de albahaca; Café-Bar Vitis coa tapa Chupa o Pao, e Cafetería Xala cunha tosta de millo con tomate cherry, ovo de codorniz, xamón e pemento de Padrón.