Exposición “O humor do país” de Luís Davila (O bichero)

Ata o 15 de novembro na sala de exposicións temporais (pranta baixa) da Casa da Cultura-Museo do Humor

Horario:

  • De luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e sábados, de 10 a 13 horas. 
  • Domingos e festivos, pechado.

Corenta e cinco paneis que inclúen perto de 200 tiras cómicas, 30 orixinais e diversas figuras a grande formato, coa popular Dora A Desbrozadora como protagonista, amósanse nesta exposición, organizada polo Concello de Fene. A mostra compleméntase coa proxección no salón de actos da serie completa de tiras cómicas animadas por Davila e emitidas no programa da TVG “A casa da Conexa”. Tamén inclúe un photocall onde os visitantes poden fotografarse acompañados por Dora e Tucho na “leira de Dora”.

Deseñador gráfico pola escola de Artes e Oficios Pablo Picasso da Coruña, Luís Davila é o responsable dun bo número de sorrisos diarios a través das súas tiras de humor "O Bichero" e "O Fotomatón" no xornal Faro de Vigo. 

Ligazóns