Data de inicio: 13-02-2017 . Data de fin: 03-03-2017
Trala exitosa mostra de debuxos “Grafoart. Alma en papel e tinta” a sala de exposicións da Casa da Cultura-Museo do Humor de acollerá desde o luns 13 de febreiro unha colección de figuras do escultor naronés Manuel Ángel Méndez Bellón. Son arredor de 40 pezas reunidas co título de “Humor metálico” por estaren feitas en ferro e por buscar en todos os casos facernos rir. A exposición permanecerá en Fene até o 3 de marzo e poderá visitarse nos horarios habituais do museo: de luns a venres de 10 a 13.00h. e de 16 a 21.00h. e os sábados de 10 a 13.00h.Méndez Bellón moldea o ferro e o aceiro para convertelos en arte desde o ano 1992. Domina e dalle forma a estes materiais con zizalla, calor e soldaduras múltiples -electrodo, oxidoacetilénica, MIG, etc- e, en ocasións, incluso ensaia combinacións con outros elementos como a madeira, o cemento ou o cristal.“Humor metálico” é unha mostra coa que o escultor naronés pretf a sala de exposicións da Casa da Cultura-Museo do Humor de acollerá desde o luns 13 de febreiro unha colección de figuras do escultor naronés Manuel Ángende “espertar sorrisos con algo aparentemente tan serio coma o ferro e con situacións disparatadas e surrealistas que, en realidade, son máis común do que pensamos…e por iso nos fan gracia”.
Malia todo, tras esa primeira impresión cómica e irónica que adoitan dar as súas pezas, Manuel Ángel Méndez procura que se aprecie “o traballo constante e serio que ten detrás cada una delas”.Nos seus 25 anos de traxectoria artística leva participado en máis dunha trintena de mostras individuais e colectivas en varias cidades galegas e tamén de fóra. Entre elas Ciudad Real ou Sevilla, onde formou parte en 2012 do certame de artes plásticas Miguel González Sandoval. Nese mesmo ano dúas das súas obras tamén foron seleccionadas para o V Certame Nacional TransformArte.As pezas do “Humor metálico” terán na Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene un contorno ben acaído durante tres semanas, desde este luns 13 de febreiro ata o venres 3 de marzo. As visitas: pola semana de 10 a 13 polas mañás e de 16 a 21.00h. polas tardes. Os sábados só polas mañás e os domingos e festivos, pechado.