Enterro do Entroido

O próximo día 1 de marzo, celébrase o Enterro do Entroido, coíncido co Mércores de Cinza. Día no que as máscaras asaltan as rúas acompañando o cadaleito do boneco que se queimará ao final da tarde. A saída da comitiva está prevista para as 18.00h. de diante do establecemento Aguilar, en Perlío. Desde alí farase o percorrido habitual, é dicir, Marqués de Figueroa, cruzamento de Fene, Avenida Naturais e remate na Praza do Concello. 

Nese lugar, ao pé do consistorio, volverán actuar as comparsas coas súas coplas retranqueiras, lerase o testamento do Entroido -que este ano tamén virá acompañado de dúas viúvas do CMI Unidade de Fene-, daráselle lume ao boneco e, para rematar, música co Grupo Pasión.

Descargas