Obradoiro Recordando o noso

A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene promove este curso consistente en traballar as diferentes funcións cognitivas a través da rememoración de vivencias. Un exercicio que, ademais, tamén servirá para recuperar a historia de cada parroquia desde a óptica que elixa cada grupo. 

DATA: a partir do 7 de marzo de 2017

LUGAR E HORARIOS:

  • Os martes no local de SCRD Agarimo de Sillobre de 18.30 a 20.00h
  • Os mércolres no local de CMI Unidade de Fene de 16.45 a 18.15h
  • Os xoves no local de ACRD O Pote de Maniños de 18.30 a 20.00h
  • Os venres no local da AVV. San Xurxo de Magalofes de 16.30 a 18.00h

Prazas por orde de inscrición. Prazas limitadas

Actividade aberta a poboación en idade madura, cun límite máximo  de 20 prazas. O mínimo para iniciar a actividade é de 10 que se cubriran por orden de inscrición.

As fichas de inscrición recollense ata cubrir prazas ou ben ata o día anterior de inicio do obradoiro.

Actividade gratuíta aberta a toda a poboación

 

Máis información

BENESTAR SOCIAl E IGUALDADE TELÉFONOS: 981342607/981492706  Avda. do Mar B1- baixo – San Valentín servizos.sociais@fene.galwwwfenecidadan.net