Presentación dos libros "Tonecho", de Xaquín Marín, e "X. Marín. Arte e compromiso no humor gráfico galego"

No volume "Tonecho", Xaquín Marín compila a colección completa das historietas deste popular personaxe que se publicaron durante catro anos na revista Golfiño. O personaxe caracterizábase pola súa retranca, sabedoría, crítica e, á vez, inxenuidade.

Pola súa parte, "Xaquín Marín. Arte e compromiso no humor gráfico galego", de Félix Caballero, é un estudo e analise sobre a impresionante obra gráfica de Xaquín Marín, artista "polifacético, políticamente entregado á causa galega e á defensa dos dereitos humanos" que "pon o seu pincel e a súa mirada crítica ao servizo dunha maneira de ollar e de sentir que o fai merecente, como poucos, do título de Bo e Xeneroso".