Obradoiro Activación de memoria

A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene promove este cursorecomendable para persoas que teñen esquecementos cotiás. Situacións como saber onde se deixaron as chaves ou como se chamaba tal ou cal persoa que denotan falla de exercicio cerebral e que, en cambio, se poden revertir traballando a atención, a estimulación visual, a coordinación, facendo pasatempos, cálculos ou simplemente falando con outras persoas máis a miúdo.

DATA: 7 de marzo

LUGAR E HORARIO: CPS de San Valentín de 16.45 a 18.15h.

PRAZAS: Prazas limitadas

Actividade aberta a poboación en idade madura, cun límite máximo  de 20 prazas. O mínimo para iniciar a actividade é de 10 que se cubriran por orden de inscrición.

As fichas de inscrición recollense ata cubrir prazas ou ben ata o día anterior de inicio do obradoiro.

Actividade gratuíta aberta a toda a poboación

 

Máis información

BENESTAR SOCIAl E IGUALDADE TELÉFONOS: 981342607/981492706  Avda. do Mar B1- baixo – San Valentín servizos.sociais@fene.galwwwfenecidadan.net