Inscrición no obradoiro de cociña infantil

Inscricións o luns, 24 de setembro, o martes 25 e o mércores 26 na propia Biblioteca e en horario de 16 a 21 horas ou no teléfono 981 34 23 02.

A Biblioteca Municipal Xosémaría Pérez Parallé acollerá o vindeiro xoves, 27 de setembro, o contacontos O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa, a cargo de Teatro Calavera, e un obradoiro de cociña infantil. Será a partir das 18 horas e as actividades están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos. Iso si, as prazas están limitadas a 40 e, aínda que a actividade é gratuíta, é preciso inscribirse previamente. Debe facerse o luns, 24 de setembro, o martes 25 e o mércores 26 na propia Biblioteca e en horario de 16 a 21 horas ou no teléfono 981 34 23 02.