Data de inicio: 21-09-2018 . Data de fin: 28-09-2018
Inscricións enviando a folla de inscrición ó correo rede@fenevivo.gal ou entregándoa no departamento municipal de Turismo.
O concurso celebrarase do 12 ó 14 e do 19 ó 21 de outubro, en horario de 13 a 15 e de 20,30 a 22,30 h –como mínimo-. Cada establecemento poderá presentar un máximo de tres tapas. Así mesmo, co fin de fomentar o uso de produto autóctono e de proximidade, nesta edición fíxase como único requisito recomendable para a participación que as tapas presentadas inclúan na súa elaboración, dentro do posible, polo menos un produto de peixe ou marisco da ría de Ferrol ou, no seu defecto, da marca Pesca da Rías.