Data 04-11-2016
20.00 horas. Salón de actos da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene (Avda. de Conces, 20/22).
Recollida de invitacións (dúas por persoa) o mesmo día do espectáculo a partir das 16 horas na conserxería da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene.
O polifacético actor, creador e director Carlos Blanco volve a Fene cun espectáculo no que compila “boa parte dun repertorio en permanente re-creación. Non todo, eh? Quedaron fora textos e anécdotas, un bo lote delas, pero inda así pódese considerar un bo resumo do meu traballo nos últimos 10 anos, en todo tipo de garitos, en mil lugares ou mais, en 12 países ou máis…”
Carlos Blanco é autor de recoñecidos e celebrados monólogos humorísticos e director e co-autor do espectáculo “O país da comedia”. Tamén foi o creador de múltiples espectáculos como “Directamente Paco I e II”, “Humor Neghro”(en colaboración co músico guineense Manecas Costa), Dillei, Ordem e progreso, iLalelo! (en colaboración co músico Budiño) ou Menú do Día e Menu da noite, actualmente en cartel e baténdo records de asistencia de público en Galicia, un espectáculo feito en colaboración co debuxante Luis Davila.
Como actor, ten traballado en filmes como “Heroina” de Gerardo Herrero, “Sé quien eres” de Patricia Ferreira ou “Cargo” de Clive Gordon. Tamén tivo un pequeno papel en “VOLVER” de Pedro Almodóvar, entre outros traballos cinematográficos.
En Televisión, amais de participar en múltiples series, foi protagonista de “Una bala para el rey” dirixida por Pablo Barrera para Antena 3, e co-protagonizouu a histórica serie “Mareas vivas” producida por Antón Reixa para TVG, amais de traballar noutras series como “Lobos”, “Os atlánticos”, “El comisario” ou “Hospital central”.
Premiado en múltiples festivais (Arjona, Alfas Del Pí, Cabra, Palencia, Girona…) polo seu traballo na curtametraxe Temporada 92/93 de Alejandro Marzoa. Tamén acadou un premio á mellor interpretación masculina no Festival de Cans (O Porriño) polo seu traballo na curta “Mal de Sangre” de Pedro Diaz e un Premio Mestre Mateo ao mellor actor secundario por “Heroina”, de Gerardo Herrero.