Charla sobre a praga da pataca

Fene é un dos 31 municipios do norte de Galicia declarados en corentena por mor da Tecia Solanivora Povolny, máis coñecida como couza guatemalteca da pataca. Unha praga que acaba cos patacais e que mesmo se reproduce nos almacéns papando tamén as colleitas gardadas. Por iso, se o Concello de Fene organizará unha charla sobre a praga da pataca, así mesmo no encontro falarase tanto da normativa como dos métodos de loita existentes.

Lugar: Salón de actos da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene.

Horario: Venres, 3 de marzo a partir das 18.00h.

 

Ligazóns