Data de inicio: 07-03-2017 . Data de fin: 07-04-2017
A ceramista Carme Romero inaugura a colección de pezas “Meigas, sabias e mulleres boas” na que homenaxea ás mulleres depositarias dun saber ancestral para curar males do corpo e da mente.
No acto inaugural a autora estará acompañada do escritor Manuel José Díaz e tamén dun dos seus mestres, Franciso Pérez Porto. Este último interpretará canda a zanfonista Candela Quintía o “Romance do crime da leiteira Nicolasa”, obra do seu pai, o poeta Xose María Pérez Parallé.
Data: dende o 7 de marzo ata o 1 de abril
Horario:
- luns a venres de 10 a 13 e de 16 a 21.00h.
- sábados de 10 a 13.00h.
Lugar: na Casa da Cultura