Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o vindeiro 31.10.2018 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:


1. Aprobación, se procede, das actas das sesións ordinarias do 05.04.2018 e 03.05.2018
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende o núm. 1184/2018 ao núm. 1312/2018
3. Dación de conta do período medio de pagamento global aos provedores e do informe sobre o cumprimento das previsións das medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, correspondente aos 2º e 3º trimestres do 2018
4. Dación de conta do informe de intervención sobre as abrigas de subministro de información previstas no artigo 16 da Orde HAP/2015/2012, do 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira, correspondente ao 3º trimestre do 2018
5. Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de corrección de erros do cadro de persoal aprobado na sesión plenaria do 18.09.2018
6. Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de modificación de créditos 17/2018, subexpediente 1/2018 de suplemento de crédito e créditos extraordinarios, e declaración de inversións financeiramente sostible
7. Aprobación, se procede, da Proposta de modificación dos estatutos da Asociación de Concellos do Camiño Inglés
8. Aprobación, se procede, da Moción para instar á Xunta de Galicia á sinatura dun convenio para a implantación de semente produtiva na ría de Ferrol e ao Ministerio de Fomento e demais organismos responsables para a substitución das escolleras da ponte das Pías por pilares
9. Aprobación, se procede, da Proposta de aprobación inicial do Convenio de cesión gratuíta dos locais 1 e 1A sitos en O Castro propiedade do Concello de Fene inventariados no epígrafe 1º Bens Inmobles, Grupo 1, asentos 38 e 48 a prol de Aspaneps
10. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do BNG en apoio ás persoas denunciadas por reclamaren a devolución do Pazo de Meirás
11. Mocións urxentes
12. Rogos e preguntas