Xuntos nos coidados

Curso impartido por AFAL

Días: 6 e 8 de novembro

Horas: de 15 a 19

Lugar: no centro municipal de servizos sociais

 

O obxectivo é formar a homes e mulleres que se ocupan da atención a familiares que sofren demencia para ensinarlles como afrontar as distintas fases da enfermidade. Así, realizarase unha introdución á enfermidade do alzheimer, darase conta dos síntomas cognitivos e non cognitivos da doenza e mostraráselles aos participantes as terapias non farmacolóxicas, as claves da comunicación con persoas con demencia ou o modo de autocoidarse.