Actuación de Carmen Méndez no "Novembro, mes do humor"

Carmen Méndez presenta en Fene o seu espectáculo "Química"

Natural de Neira de Rei (Lugo), Carmen Méndez realizou estudos de interpretación na escola Réplika Teatro e formouse, máis recentemente, co mestre Fernando Piernas. É unha artista multidisciplinar que ten traballado en cine ("Bad Investigate", "Pelerinaxes", etc.) e televisión ("Pazo de familia", "Serramoura", etc). Tamén estudou violín no Conservatorio Profesional de Música de Lugo e é enxeñeira química.