A obra O Valo no IES de Fene

Día: 7 de novembro de 2018

Horario: 12.30 h

Lugar: IES Fene

Espectáculo teatral ‘O valo’, creado o ano pasado por Pallasos en Rebeldía para o Fondo Galego co fin de impulsar a reflexión sobre as fronteiras e as persoas que requiren refuxio. Baseada no texto homónimo que lle valeu a Carlos Labraña o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, o obxectivo da obra é evitar o esquecemento das guerras e da xente que delas foxe, ao tempo que se convida a transformar a realidade pensando un mundo diferente. Á representación asistirán 80 estudantes de 1º e 2º da ESO.