Data de inicio: 09-11-2018 . Data de fin: 31-12-2018
Cunha traxectoria dun cuarto de século no humor gráfico, Pinto&Chinto son un auténtico referente do humor gráfico galego e a súa obra, un testemuño do acontecido en Galicia, España e o mundo nos últimos anos. Un traballo que, sen dúbida, se ten convertido en elemento clave do xornalismo. Agora, o Museo do Humor de Fene brinda ó público unha oportunidade única para achegarse a el.
Horario da sala de exposicións temporais do Museo do Humor:
. Do 9 de novembro ao 23 de decembro: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas.
Sábados, de 10.00 a 13.00 horas.
Domingos e festivos, pechado.
. Do 24 ao 31 de decembro: de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas.
Sábados, domingos e festivos, pechado