Data de inicio: 14-03-2017 . Data de fin: 30-05-2017
Proxecto de prevención de drogodependencias e condutas aditivas en colaboración con outros municipios da comarca. Nel encádrase o programa "Máis que un teito", que vén sendo un espazo de aprendizaxe centrado na educación emocional das familias con nenos e nenas de primaria. Son obradoiros para a rapazada acompañada dunha persoa adulta do núcleo familiar. A iniciativa está subvencionada pola Consellería de Sanidade.
Lugar: CEIP Centieiras, en Perlio
Datas: os martes desde o 14 de marzo ata 30 de maio
Horario: de 16.30 a 18.00h
A coordinadora do programa é a pedagoga municipal Mª José Paz e para obter máis información pódese contactar con ela nos seguintes enderezos:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal