Presentación da pirámide de madeira morta realizada en Marraxón

Continuando cos proxectos de colaboración entre a Comunidade de Montes de Marraxón, Sillobre e a Concellería de Medio Ambiente de Fene para a rexeneración e posta en valor do monte comunal como espazo de esparcemento e lecer, didáctico, cultural e respectuoso có medio ambiente, dende o Concello de Fene e a Comunidade de Montes tamén queremos facer unha pequena homenaxe ao escornabois/vacaloura coa construción desta piramide.

  • Data: sábado, 1 de abril ás 11:00h.
  • Horario: presentación ás 11:00h.
  • Lugar: Marraxón.

Falará deste tema o entomólogo da Sociedade Galega de Historia Natural, Pablo Torrella. Noutro orde de cousas, tamén en Marraxón preto da pirámide,  foron recentemente acondicionadas dúas charcas para favorecer o hábitat dos anfibios.