Data de inicio: 02-02-2019 . Data de fin: 27-02-2019
Ao redor de 25 figuras realizadas en ferro moldeado e soldado (chapas, tubos, varillas) -e combinado en ocasións con madeira, pedra, cristal, etc.- compoñen esta exposición do escultor naronés Manuel Ángel Méndez Bellón, unha mostra coa que pretende “espertar sorrisos con algo aparentemente tan serio coma o ferro e con situación disparatadas e surrealistas que, en realidade, son máis común do que pensamos…e por iso nos fan gracia”.