Os ratiños da caixa encherán a biblioteca municipal

Trátase dunha sesión de contacontos coa que se quere celebrar a data do 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, en compaña dos nenos e nenas máis pequenas.

  • Data: 31 de marzo
  • Horario: 18:00h.
  • Lugar: Biblioteca Municipal Xose María Pérez Parallé
  • Entrada: de balde ata completar a capacidade da sala

Fuco contaralles, entre outros, os “Contos de ratiños” e “Sopa de rato”, tamén de Arnold Lobel.

A montaxe está recomendada especialmente para rapazada de entre 3 e 8 anos e enmárcase no programa Ler Conta Moito 2017 da Xunta de Galicia.