Desfile de comparsas

Día: 06/03/2019

Hora: 18.00 h

Lugar: Perlío, fronte Aguilar.

A partir das seis da tarde arrincará de Perlío, fronte a Aguilar, o desfile das comparsas participantes no festival para percorrer a Avenida Figueroa e Avenida Naturais e concluír o itinerario, co que animarán como nunca o espazo urbano de Fene, na praza do Alcalde Ramón Souto González. Alí, e coa viúva de sempre, actuarán as comparsas, darase lectura ao testamento, a queima do Antón e un incrible espectáculo pirotécnico. O broche de ouro poñerao a Orquesta Olympus co seu espectáculo Red Tour.

 

* No caso de moita choiva, o mércores 6 de marzo anularase o desfile de comparsas polas rúas do concello e trasladaranse directamente á Praza do Alcalde Ramón Souto González para realizar os saúdas e as actuacións xunto coa lectura do testamento (tal e como recollen as bases).