Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o vindeiro 07.03.2019 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:


1. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende o núm. 107/2019 ao 215/2019
2. Aprobación, se procede, da Moción do grupo Mixto municipal para controlar a proliferación das apostas on-line e casas de apostas e tomar medidas de prevención ante a ludopatía
3. Aprobación, se procede, da Moción do grupo Mixto municipal de apoio á folga feminista do 8 de marzo de 2019
4. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do BNG en relación co recoñecemento e apio a Galegas 8M e á convocatoria de manifestación nacional do día 3 de marzo e de folga de mulleres do 8 de marzo de 2019
5. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do Popular con motivo do 8 de marzo, día internacional da muller
6. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal socialista con motivo do día 8 de marzo, día internacional das mulleres
7. Aprobación, se procede, declaración institucional de apoio ás traballadoras e aos traballadores de POLIGALNARÓN
8. Mocións urxentes
9. Rogos e preguntas