Inauguración da exposición Pictografías de Eduardo Hermida

“Pictografías” é o título da mostra de fotografía e pintura que este venres 8 de marzo inaugura o artista Eduardo Hermida na Casa da Cultura de Fene.

O acto de inauguración será ás 20 horas e contará coa participación do artista, así como do alcalde, Gumersindo Galego, e da concelleira de Cultura, Rocío Bértoa. A partir de entón, a exposición poderá visitarse ata o 27 de abril (de luns a venres de 10 a 13 h e de 16 a 21 h, e sábados de 10 a 13 h)