Xornadas de “Xogos Populares Escolares”. Curso 2016-2017

O Concello de Fene organizará as Xornadas de Xogos Populares Escolares os días 6 e 7 de abril  dende as 10:00 ata as 13:00 horas. As actividades e a motodoloxía a empregar permitirán  que o alumnado estea nalgunha das estación lúdicas en todo momento, agás no descanso para a merenda.

As datas previstas inicialmente son as seguintes:

  • 6 de abril (xoves): Colexio Pl. Jorge Juan – CPI A Xunqueira
  • 7 de abril (venres): CEIP  Centieiras – CEIP Pl. O Ramo – CEIP Pl. os Casais

Lugar de realización:

  • No caso de bo tempo realizaremos estas xornadas no exterior do Pavillón polideportivo A Xunqueira (San Valentín) e as carreiras de campo a través no campo que se atopa pola parte posterior do CPI A xunqueira.
  • No caso de mal tempo realizaremos os xogos no interior Pavillón, e non realizaremos as carreiras finais de campo a través, polo que adicaremos 5-6 minutos máis a cada unhas das estacións de xogos.

As actividades  a realizar son : 

  • Lanzamentos: A Chave
  • Carreiras: de sacos/ cos pés atados aos do compañeiro …
  • Xogos de habilidade: Zancos, pesca de botellas
  • Saltos: Comba
  • O Brilé
  • Tiro de corda
  • Carreiras de campo a través

O Concello farase cargo do transporte do alumnado e profesorado responsable dende os respectivos  centros de ensino ata o lugar de realización, así como da organización das probas.