Data de inicio: 04-06-2019 . Data de fin: 13-08-2019
“Proxecto Indira” constitúe un espazo onde as mulleres poden experimentar, coñecerse, medrar xuntas, relaxarse e gozar. É unha proposta activa e mobilizadora da condición feminina, co obxectivo de apoiar unha transformación real na vida das mulleres, pola súa propia saúde individual e familiar.
Máis información no Centro Municipal de Servizos Sociais nos teléfonos 981342607 ou 981492706 e no correo electrónico servizos.sociais@fene.gal