Exposición Libros de Artista “Animalario”

“Animalario” é a primeira exposición colectiva dos alumnos e alumnas do Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity que dirixe a artista local Laura Bouza.

Trátase dunha expo colectiva (nenos e adultos) dos alumnos e alumnas do Laboratorio que, neste curso, foron uns 65. Amosan nela o traballo realizado en torno aos libros de artista baixo o título "Animalario". Todos teñen o mesmo formato e soporte, sen embargo todos son distintos. O contido dos libros son as imaxes e a palabra (logo levan texto). Segundo Laura Bouza, responsable de Laudas Calamity, queren que esta sexa unha expo didáctica e poder explicar ao público en que consiste crear un libro de artista. Falar da composición, debuxo, distintas técnicas...

Ligazóns