Exposición "Hábitats", de Carlos López García "Calrús"

Trátase dunha viaxe polo mundo e polo ser humano que retrata culturas e outros xeitos de vivir. O fotógrafo coruñés -anque afincado en Compostela- ten querencia polo branco e negro, sen dúbida froito dunha aprendizaxe da técnica noutra época, cando a arte fotográfica tiña a parte de captar a imaxe pero tamén a de vela renacer no papel durante o revelado. "Hábitats" xunta moitas desas instantáneas, coa intención de mostrar "outros costumes e crenzas, outras formas de organización social, de interpretar a relixión e a sexualidade; outras tradicións e outros xeitos de vivir".

Horario:

  • de luns a venres de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 21:00h.
  • Sábados de 10 a 13 horas.

Lugar: Na Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene (Sala de exposicións temporais)

Horarios especiais das instalacións durante a Semana Santa

Cómpre ter en conta, iso si, que a sala de exposicións e o resto das dependencias da Casa da Cultura -Biblioteca Xose María Pérez Parallé e Museo do Humor- modificarán o seu horario de apertura durante a Semana Santa.

O edificio pechará esta fin de semana e tamén co gallo dos festivos -Xoves Santo, Venres Santo, Sábado Santo e Domingo de Resurrección-. Abrirá polas mañás con horario ampliado de 10 a 14.15h. o luns 10, o martes 11, o mércores 12 e o luns 17. A partir do martes 18 retomaranse os horarios habituais.