Radio Fene - Programa do III Taller de Radio da Biblioteca Municipal

“Read & Radio Fene”  é o programa que un grupo de rapaces/as da comarca de Ferrolterra elaboraron durante o mes de marzo, no marco do terceiro taller de radio que organizou a Biblioteca Municipal Xose María Pérez Parallé de Fene coa colaboración da emisora municipal. O espazo, artellado este ano en torno á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, emitirase a través de Radio Fene (107.7 da FM).

Horario:

  • Xoves, 6 ás 16:00 horas.
  • Venres, 7 ás 12.00 horas. 

Radio Fene colgará o programa na súa web radiofusión dende onde se poderá escoitar ou descargar.

Alan, Alba, Borja, Candela, Laura Chao, Laura Fernández, Mara, Martín, Miguel e Xandra son os protagonistas este ano do programa do III taller de radio da Biblioteca de Fene. Un espazo ao que eles/as mesmo/as puxeron nome, amais de elaborar os contidos.