Data de inicio: 16-09-2019 . Data de fin: 27-09-2019
O Concello de Fene porá en marcha este mes o programa de envellecemento activo
Entre o luns 16 e o venres 27 de setembro, as persoas interesadas poderán formalizar a súa participación nestas actividades, que son de balde para os participantes e que se desenvolverán en locais das entidades sociais e culturais de Fene ou no Centro Municipal de Servizos Sociais entre o 30 de setembro e xuño. Os obradoiros só se realizarán se se reúnen un mínimo de 10 persoas por grupo e as prazas cubriranse por orde de inscrición.