Data de inicio: 18-09-2019 . Data de fin: 01-10-2019
O Concello de Fene establece o prazo de solicitude ata o 1 de outubro ás 14:00 horas. Subvencionaranse gastos de funcionamento, mantemento e tamén de organización de eventos e actividades e desprazamentos.
Subvencións en réxime de concorrencia competitiva que van dirixidas a entidades culturais, deportivas e educativas sen ánimo de lucro. Coas mesmas, poderán afrontar gastos de mantemento, funcionamento e organización de actividades correspondentes ao ano 2018 ou ao curso 2017/2018.
As entidades deportivas poden presentar a documentación correspondente a gastos correntes de funcionamento e participación en campionatos deportivos, como fichas de inscrición, desprazamentos, gastos de mantemento e funcionamento das instalacións (luz, teléfono, pequenas obras, consumibles de oficina…); gastos de organización de escolas deportivas e a organización de actividades deportivas de interese público.
As axudas dirixidas a actividades educativas permitirán ás entidades presentar gastos derivados da organización de escolas culturais, deportivas, excursións, festivais e outras actividades de interese educativo.