A “Titiricleta” de Anxo Moure visita a biblioteca municipal de Fene

O contador de historias Anxo Moure, tamén coñecido coma Carballo con Botas, achégase este venres ao Concello de Fene montado na súa Titiricleta. A actividade encádrase no programa Ler Conta Moito.

  • Lugar: Biblioteca Municipal Xosé María Pérez Pallaré.
  • Horario: 18.00h.
  • Público: nenos/as de entre 5 e 12 anos
  • Entrada: de balde ata completar aforo

Desta vez, o Carballo con Botas ven cargado cos seus teatriños e unha chea de monicreques ao lombo. Os bonecos naceron do traballo de mulleres integrantes de cooperativas de comercio xusto en Bangladesh. A través deles, Moure relata contos e aventuras por lugares fantásticos da India, Guatemala ou a propia Bangladesh. Son historias cheas de mensaxes a favor da paz.

Esta actividade formou parte da iniciativa "Contos solidarios" que o propio Anxo Moure puxo en marcha para recaudar fondos e financiar a compra de bicicletas e material escolar que foron enviados a distintas cooperativas en países de Latinoamérica, Asia ou África.