Campaña “libros para sermos libres”

Visibilizar o libro e promover a lectura entre a poboación, son os principais obxectivos da campaña “Libros para sermos libres” que a Deputación da Coruña e 30 concellos da provincia poñen en marcha na víspera do Día Internacional do Libro.

Na práctica, a iniciativa consiste en agasallar, de xeito simultáneo, á veciñanza de cada un dos concellos participantes cun fondo de 150 libros que achega a Deputación da Coruña. Fondo que, no caso do Concello de Fene, a concellería de Cultura completa con outros 150 libros procedentes do seu depósito bibliográfico.

Lugar:

  • Posto na Praza Verde de Perlío (se chove, no local da A.VV de Perlío)
  • Posto na Biblioteca Municipal “Xosé María Pérez Parallé

Horario: de 12:00h a 13:00h.

Organizan: Área de Cultura (Biblioteca Municipal e Museo do Humor) conxuntamente coa Área de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación.