Exposición "Pintamo-lo mundo" que impulsa Aspaneps

“Pintamo-lo mundo” poderá visitarse no salón de plenos da casa do concello  de luns a venres de 10 a 14,30 horas, ata o 7 de xaneiro.


A exposición, que recrea a través de 24 imaxes de gran formato a ilusión da diversidade a través da mirada das persoas do centro ocupacional de Aspaneps, nace a raíz dunha actividade recreativa e cultural realizada pola asociación e baseada na fotografía. Unha actividade que contou coa colaboración do fotógrafo Gabriel Tizón.