Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 05.03.2020 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:


1. Aprobación, se procede, da acta das sesións ordinarias do 05.12.2019, 02.01.2020 e 06.02.2020, da sesión extraordinaria do 07.02.2020 e da sesión extraordinaria urxente do 19.02.2020
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía núm. 145, 146, 148 e 165 do ano 2020
3. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 85/2020 á 194/2020
4. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de emenda do acordo plenario do 19.12.2019 de aprobación do expediente do POS+2020 da Deputación Provincial da Coruña
5. Aprobación, se procede, do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Fene
6. Aprobación, se procede, da aprobación inicial da 2ª modificación do Regulamento de organización municipal (ROM)
7. Aprobación, se procede, da designación de xuíz/a de paz titular do Xulgado de Paz do Concello de Fene
8. Aprobación, se procede, do Manifesto institucional 8 de marzo de 2020
9. Mocións urxentes
10. Rogos e preguntas